martes, 20 de septiembre de 2011

V CAMPIONATO SOCIAL SURFCASTING

O vindeiro Sábado día 24, celebrarase o 5º Campionato Social de Surfcasting. A concentración terá lugar as 17:30 horas na sede do Clube, no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño. Poderán participar todos aqueles socios que se atopen ao día coas contas do clube en que dispoñan tanto da licencia de pesca de mar, como da Licencia Federativa para este ano 2011.

As inscripcións teranse que facer tanto no teléfono do clube, como no café Bar O'Estanco, onde se atopan tamén as bases do concurso.

Ao rematala proba, procederase a entrega de premios aos tres primeiros clasificados, que terán un pase directo de cara ao Campionato Provincial da temporada que ven.

Un saúdo

Archivo del blog