sábado, 18 de diciembre de 2010

FELIZ 2011 !!!!!


Que o vindeiro ano nos traiga forzas renovadas para seguir loitando por todo aquilo no que creemos, e lembrar que todos debemos de escoitar a aqueles que temos ao noso carón, respetalos e comprendelos, ainda que as veces non compartamos as mesmas opinións.
Unha aperta e a polo 2011 que xa está ahí.
Suso Vilar - Presidente

martes, 16 de noviembre de 2010

IV XORNADA SOBRE A PESCA EN GALICIA. RÍOS CON FUTURO

20 NOVEMBRO DE 2010 Salóns As Bridas, Camiño das Regas, s/n, San Lázaro de Lugo, 27297 PROGRAMA 9’45h Recepción e entrega de documentación. 10h César Gómez Cáceres “Gestión de la pesca en los ríos leoneses” 11h Carlos Rodríguez Villafañe: “Hª natural de la trucha” 12h Descanso – café. 12,30h Santiago Fraga: “Medidas de protección e recuperación de ecosistemas fluviais” 13,30h José Antonio Suárez García: “la situación actual del salmón en la vertiente cantábrica desde la perspectiva del pescador” Rogamos confirmación de asistencia a 607881916 ou a este correo http://mail.google.com/mail/h/yoi7jsfz3b1c/?v=b&cs=wh&to=federacion@fgpesca.org

domingo, 7 de noviembre de 2010

CRONICA III XORNADAS MICOLOXICAS






O pasado sábado día 30 de outubro celebráronse as III Xornadas Micolóxicas, nas que tras un mal comenzo do día, con moita choiva, o mal tempo deunos unha boa tregua pra efectuala saida ao monte e recoller cogumelos, setas ou Xiripatos, co fin de facela charla pola tarde e proceder a degustación no Estanco.
Os monitores, Tomás e Pablo, centraron a charla en resaltalas características principais para poder diferenciar 4 ou 5 tipos de setas comestibles, ademáis de explicar como actúan as tóxicas no organismo e os riscos que iso conleva.

CRÓNICA III CONCURSO SOCIAL MAR-COSTA

O pasado domingo 17 de outubro celebrouse o 3º Concurso Social Mar-Costa (Rock - fishing), cunha participación total de 23 pescadores. A proba desenrolouse sen ningún incidente, cousa ue ven sendo habitual, e a clasificación quedou como segue: 1º posto: Pepe Cruz "Carredo" (Que ademáis levou o premia a peza maior) 2º posto: Adrian Soto 3º posto: Luciano Esmorís Gracias a todos pola vosa colaboración e vémonos no próximo

sábado, 6 de noviembre de 2010

jueves, 7 de octubre de 2010

III XORNADAS MICOLÓXICAS


O vindeiro sábado día 30 de outubro, terán lugar as terceiras xornadas micolóxicar organizadas pola nosa Sociedade de Pesca.


Todo aquel que queira asistir, deberá de estar as 8:00 horas no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño (A Laracha), dende alí efectuaremos a saida ao monte en diferentes grupos capitaneados, cada un por un monitor expecializado. Sobre as 13:30 faremos unha parada pra comer (os que queiran comer connosco deberano de dicir con atelación co fin de facelas reservas oportunas) e despois faremos a clasificación, charla e degustación no Estanco.


gracias pola vosa colaboración

viernes, 1 de octubre de 2010

III CONCURSO SOCIAL MAR-COSTA


Despois de ter que aprazar o concurso social de Surfcasting, por mor do mar que había que facía imposible poder pescar coas mínimas garantías de seguridade para os pescadores, está convocado o 3º concurso social dende pedra que se celebrará o vindeiro DOMINGO DÍA 17 de outubro na xornada da mañán (as 7:30 horas no Estanco) para rematar as 14:00 horas, as que todolos pescadores deberán de estar de volta para a pesaxe das pezas capturadas.


miércoles, 29 de septiembre de 2010

viernes, 17 de septiembre de 2010

IV CONCURSO SOCIAL - SURFCASTING

O vindeiro sábado día 25 de setembro terá lugar o concurso social de surfcasting correspondente a este ano. Todo aquel que queira participar, terá que notificalo da forma habitual.

sábado, 14 de agosto de 2010

MAIS DO MESMO.....

Un vertido de fecais no río mata decenas de troitas no río en Coristanco http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/08/14/0003_8668011.htm ¿Qué foi das presas que paralizóu o anterior governo da Xunta? http://www.anosaterra.org/nova/49189/o-psdeg-alerta-da-construcion-de-31-novas-minicentrais.html ¡Adiós ríos, adios fontes... adios regatos pequenos...!

miércoles, 28 de julio de 2010

ASÍ SE CELEBRA UN GOL !!!!!!

http://www.youtube.com/watch?v=kvFokICvrfQ

Aún quedan truchas de ocho kilos (bueno, quedaban)





Miércoles 28 de julio del 2010
Lemos
Autor: Alberto López alberto.lopez@lavoz.es

La calidad del río Lor para la pesca está más que acreditada, aunque todos los que lo conocen coinciden en que ya no es lo que era hace veinte años. Entonces se podía llenar la cesta en una mañana sin necesidad de moverse de la Poza dos Pontós, de A Pasarela o de A Ruxidoira, en el coto de A Labrada. Con el paso del tiempo las cosas han cambiado. La belleza del curso del río sigue siendo la misma, sigue teniendo unas tablas perfectas y la claridad de sus aguas y las corrientes no han cambiado un ápice, pero son muchos los que se vuelven con las manos vacías después de toda una mañana de pesca. No es el caso de Víctor Cuadrado . Este joven pescador coruñés podrá presumir toda la vida de su hazaña en el Lor. Ayer capturó -en la zona de Margaride- una trucha de 8 kilos de peso. Víctor, profesor universitario en Lugo, está pasando unos días en la casa que su familia posee en Monforte y es un apasionado de la pesca desde niño. Siempre que puede se escapa a la zona a pescar. Ayer, como tantas otras mañanas, madrugó para ir de pesca y el refrán se cumplió: a quien madruga Dios le ayuda. A las siete y cuarto de la mañana tenía mordiendo el anzuelo a la que sería su cena. Eso sí, no consiguió sacarla del agua hasta 45 minutos después y tras pelear con su presa a lo largo de 400 metros de río. La captura sirvió ayer mismo de cena a un grupo de amigos que disfrutaron con su captor de una deliciosa -y asalmonada- trucha al horno con jamón.
Víctor Cuadrado lleva pescando desde niño. Ya entonces veraneaba en Monforte y solía participar en el concurso infantil de pesca que, con motivo las fiestas patronales, organiza la sociedad cinegética y piscícola monfortina Val de Lemos. Un concurso que ya tiene fecha, el 8 de agosto. Como todos los años se celebrará en la zona del Malecón. La presentación de participantes será a las nueve y media de la mañana. A las diez comenzará la prueba, que se prolongará hasta la una del mediodía. Medía hora después se realizará la entrega de trofeos a los ganadores. Los interesados en participar deben tener entre 5 y 17 años y tienen que apuntarse antes del día 3 de agosto en la oficina de turismo o en la tienda de material deportivo Xosa Sport, en la calle Comercio. Día de fiesta. Para los más pequeños el concurso de pesca que organiza Val de Lemos se convierte en toda una fiesta.

jueves, 22 de julio de 2010

Non so de troitas vive o pescador...

Este Tomás demostra que lle gusta pescar, ainda que sexan rás. Neste caso, e cando xa nos encoros as troitas "non pican" adícase a pillar os "bocazas" ou Black Bass.

lunes, 12 de julio de 2010

PABLO CUADRADO CAMPEÓN DO PROVINCIAL DE AUGA DOCE



Pablo Cuadrado Prado ven de proclamarse o pasado domingo día 11 de xullo, campión do Campionato Provincial de Auga Doce, celebrado no encoro de Portodemouros. Este primeiro posto dalle o pase a participacion no Campionato Autonómico desta modalidade que se celebrará o 26 de setembro no mesmo escenario. O segundo clasificado tamén foi un conocido do noso clube, Kike Veiga Peón, un gran montador de peixes artificiais, ao que poidemos ver en acción nas III Xornadas de Montaxe que celebramos este ano.


E a segunda ocasión na que Pablo se clasifica nun provincial para participar nun autonómico, dende FARIO darlle a máis sinceira noraboa polo seu éxito.

miércoles, 30 de junio de 2010

CRÓNICA 2º CONCURSO SOCIAL MOSCA - SEN MORTE


O pasado sábado día 26 de xuño, celebrouse no Couto de Verdes (Río Anllóns), o 2º Concurso Social de pesca a mosca (sen morte) da nosa Sociedade. O campionato desenvolveuse en dúas mangas, unha pola mañán dende as 9 ata as 13:30 horas e outra dende as 17:00 as 22:00 horas. Tras unha mañán pouco productiva en capturas, a tarde foi mellor, sobre todo a derradeira hora, acadándose algunhas capturas máis. O resultado foi o seguinte: 1º posto: Luis Manuel Martínez (no centro) 2º posto: Suso Vilar (a izquierda) 3º posto: Juan Carlos Sánchez (a dereita) Os cinco primeiros clasificados participarán no campionato Provincial desta modalidade na vindeira campaña 2011

miércoles, 23 de junio de 2010

Martín e Chapi ao nacional...


Os nosos xuvenís, foron convocados pola Selección Galega para participar no Campionato de España que se celebrará dende o xoves ao domigo 27 de xuño en Teruel, no Coto de Albarracín. Un río calizo que se presta moito pra pescar a seca, algo que os nosos pescadores controlan ben.


Dende FARIO desexámolles moita sorte e que disfruten do paisaxe, compañeiros e das troitas...

lunes, 21 de junio de 2010

Detienen a dos compostelanos por pesca ilegal en el río Xallas

18.06.2010

FURTIVOS Dos pescadores compostelanos, A.H.I. y E.S.A., fueron detenidos ayer por miembros del distrito 50 de vigilancia del Seprona de Vimianzo, auxiliados por agentes de la Guardia Civil de Santa Comba, en posesión de 52 truchas, 27 de ellas de tamaño inferior al legal, que llevaban ocultas cuando se encontraban en las inmediaciones del río Xallas, en Brandariz.

Máis información:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/detienen-a-dos-compostelanos-por-pesca-ilegal-en-el-rio-xallas/idEdicion-2010-06-18/idNoticia-559559/

miércoles, 16 de junio de 2010

2º Concurso Social de Pesca sen morte

O vindeiro Sábado día 26 de xuño, terá lugar o II CONCURSO SOCIAL MOSCA SEN MORTE da nosa sociedade de pesca. Celebrarase no Couto de Verdes (Río Anllóns), e nela participarán 20 socios, na modalidade de mosca con cola de rata. A proba disputarase dende as 9:00 da mañán ata as 13:30 e despóis da parada pra comer as 17:00 de volta ao río ata as 22:00 horas. As 23:00 farase o reconto das pezas anotadas nas plicas de cada pescador e procederase a entrega de trofeos. Deste campionato salirán os 5 clasificados para o Campionato Provincial de Salmónidos Mosca da vindeira tempada 2011.

lunes, 7 de junio de 2010

Campionato Provincial Salmónidos Mosca

O pasado domingo día 6 de xuño, celebrouse no couto de Aranga (Río Mandeo) o Campionato Provincial Salmónidos Mosca organizado pola Federación Galega de Pesca e coa máis que notable colaboración da Sociedade Río Mandeo, que fixo que o desenvolvemento da competición fose máis doado.
O primeiro clasificado foi David Arcay.
Segundo Clasificado, Miguel Prieto
Terceiro Clasificado, Carlos Pernas

O mellor clasificado de FARIO foi Alvaro Martínez Grela acadando o posto 11

Noraboa a todos



lunes, 31 de mayo de 2010

III CONCURSO SOCIAL LANCE



O pasado sábado, día 29 celebrouse no couto de Baio o II Concurso Social na modalidade de lance. As troitas non estiveron moito pola labor (xa se sabe, neboa na montaña... pescador a cabana). pero non houbo que rexistrar ningún incidente, que como sempre decimos os pescadores, o importante e non levar un golpe.




A clasificación quedou da seguinte forma:




1º Posto: Paco Castro





2º Posto: Martín Rodríguez (Recolle o premio a súa nai Begoña)





3º Posto: Miguel A. Regueira

Noraboa a todos e gracias pola vosa participación

martes, 25 de mayo de 2010

AUTONOMICO LIGA DE CLUBS - MOSCA

SANTA COMBA fíxose co título de campion



2º Posto para SALMO

3º Posto para MANDEO



O pasado domingo día 23 disputóuse o Campionato Autonómico Liga de Clubs, na modalidade de mosca nos coutos Xallas-Beba e Santa Comba no río Xallas. Tras unha boa xornada de mañán na que todolos compoñentes de FARIO puntuaron, e andabamos polos primeiros postos, a tarde deparounos peor sorte en canto aos tramos de pesca, co que non poidemos manter a regularidade, acadando ao final un 9º posto (de 21 equipos) con tan só 19 puntos de diferencia co 4º clasificado.


As posicións individuais foron:

Suso Vilar: posto 16
Martín Rodríguez posto 28
Luis Manuel Mtz. posto 38
Rubén Barreira posto 56













Un bo resultado pero edende FARIO estamos seguros que o melloraremos en próximas edicións.


Noraboa a todos

Archivo del blog