miércoles, 24 de septiembre de 2008

FARIO EN SIDENATUR CO GRUPO MIGUEL PESCA







O Grupo MiguelPesca participou cun Stand de máis de 200 metros cuadrados na Feira Sidenatur no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo.A segunda edición da Feira de Caza, Pesca e Natureza cumpríu co obxectivo de pór sobre a mesa a necesidade de unificar criterios a fin de intentar solucionar os múltiples problemas que sofre o sector, un deles, a pouca implicación empresarial das firmas.¿Onde están as tendas de pesca, as armerías e os negocios que viven da cana e da escopeta?, se preguntaban moitos visitantes.É lamentable comprobar que só uns poucos románticos se involucran a pesar de saber de antemán que éste sector está sen formatear e tremendamente desnortado.Ante unha situación pouco propicia, a organización acadou un escaparate moi representativo e non fai falla ser un lumbreras para decatarse da situación real do tema.Unha Federación Galega de Caza comprometida, unha Federación Galega de Pesca que insiste no ridículo máis espantoso, un Corte Inglés señorial, Falcóns Galicia espectacular, dous stands oficiais que sobraban (Xacobeo e Medio Rural), unha exhibición de tiro moi concurrida, coches 4x4 por todos lados, un campo de golf e logo moitos stands, máis por compromiso que por vocación de servizo ao cazador e ao pescador.Ainda así, poidemos comprobar que os que se achegaron a Sidenatur non sairon defraudados e tiveron motivos suficientes para non dar por perdido o día e a visita.Hai que mellorar moitas cousas: promoción da feira, mais firmas, máis stands especializados en caza e pesca, unha mellor atención ao expositor…
O Grupo MiguelPesca, na súa liña habitual de crítica constructiva, alenta á organización a que aprenda dos erros a fin de acadar a feira que os cazadores e pescadores demandan e merecen. Polo ben de ambas actividades e dun sector que bota de menos a implicación dalgunhas empresas ás que lle debería caer a cara de vergoña polo moito que lle deben á caza e a pesca e o pouco ou nada que revirten nelas.Dicimos esto porque houbo ausencias notabilísimas e porque, desafortunadamente para eles, son moitos os que se dan conta da soberbia dalgunha desas firmas que non terán problemas económicos pero demostran unha falla preocupante de tacto e compromiso. Non fai falla dar nomes, pero todos sabemos de quenes falamos…Outra boa foi tamén ver aos figurantes de sempre, os abrazafarolas de turno detrás do Conselleiro para sairen na foto pero que non voltaron a pisar a feira nos tres días que durou. Outro aplauso -en formato de labazadas- para os que utilizan a caza e a pesca coma un simple escaparate de proxección persoal ou coma a válvula de escape para minimizar os seus evidentes complexos e taras.Polo demáis, o Grupo MiguelPesca quere da-las grazas pola súa asistencia a un inxente número de pescadores que viñeron desde Asturias, O Rosal, A Gudiña, Fisterra, Padrón, Rianxo e Bande, por citar algúns puntos moi lonxanos de Lugo.Grazas por virdes a estar connosco no noso Stand (que é voso) en Sidenatur.Grazas aos Mestres Artesáns –e mellores persoas- Julio Seijas, Oscar Gayoso, Noelia Gayoso, Diego Abuín, Eduardo Fontela, Alberto Mera, Miguel Seoane, Fernando Comba, Eloi Saavedra, Luís Piñeiro, Xaquín L. Muíños, Suso Vilar, Alberto González, Antonio González, Fernando Domínguez, David Arcay, Andrés Álvarez, Martín Rodríguez e os juniors Gayoso e Comba.Grazas ao Doctor Moralejo,ao Doctor Fernando Cobo,á Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, ao Restaurante-Parrillada Antonio de Lugo,a Antonio Lorenzo Lusquiños,a Paula Vilariño,a El Progreso de Lugo,a El Correo Gallego,a La Voz de Galicia,a Luís Agueria de Thinkfish, a Cucharillas Edu,a Asturpesca, la Feria del Salmón de Cornellana,a Ediciones Tutor,a Editorial Galaxia,a Camilo Vilas,a Jaime Taboada (en especial a Nieves, a súa viuva),a Angel Cancelo (en especial a Maite, a súa viuva),a Paco Redondo,a Paco Porto,á Fundación Rapala,aos Campións xuvenís de pesca a mosca: David Arcay, Antonio González, Andrés Álvarez e Martín Rodríguez,a Majange Pardo,e ás asociacións e clubes que nos visitaron como Ulloa, Londra, Río Furelos, Laracha, Xuvia, Latorre, Salmo, Tambre, Caaveiro e Trutta, entre outros.Tamén a Robalizas, Surf Casting Masters, Masmar, Troiteiros do Furelos, La Magia de la Pesca con Mosca, Pescarmona, Paco Pescador, PescaTuria, Intres de Pesca e moitos outros portais de internet pola divulgación das nosas actividades.E grazas a todos aqueles que nos acompañaron no Stand e nos confirmaron que non estamos equivocados e imos no bo camiño.

VI OPEN PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA








Celebrado en Guitiriz - Lugo durante os días 12, 13 e 14 de setembro

Ainda que a organización, foi un verdadeiro desastre, os rapaces acabaron disfrutando dunhas xornadas en convivencia e pesca con outros rapaces das distintaas sociedades de pesca. Os xóvenes de FARIO, estiveron a un máis que aceptable nivel, acadando un 3º posto por David Gonzákez (Cat. Xuvenil), un 4º posto para Adrian Soto, un 6º posto para Adrián Pallas e un 10º posto para Martín Rodríguez. Destacar que o único participante da categoría infantil, Javier Pérez, acadou un máis que meritorio 4º posto.

lunes, 8 de septiembre de 2008

A SELECCIÓN GALEGA XUNVENTUDE CAMPIONA DE ESPAÑA





A Selección Galega de Pesca a Mosca, composta por MARTÍN RODRÍGUEZ CAMBÓN, David Arcay, Antonio González, Julio Fernández e Andrés Alvarez, ven de proclamarse Campiona de España de Pesca a Mosca no campionato celebrado en Benasque (Huesca) os día 4 e 5 de setembro. Destacar ademáis que David Arcay, proclamouse campión de España na clasificación individual e quedou primeiro no selectivo celebrado o día 6, valedeiro para o próximo campionato do mundo que se celebrará na República Checa.







FELICIDADES A TODOS (en especial ao noso campión)

Archivo del blog