lunes, 15 de diciembre de 2008

ASAMBLEA XERAL

Estimado socio:

Antes de nada, felicitarte nestas datas, e manifestarche o desexo de que o vindeiro ano sexa mellor e se cumpran todolos teus desexos. Tamén quixera comunicarche que o vindeiro día 27 de Decembro, celebraremos unha Asemblea Xeral, no local da Sociedade sito no Café Far O’Estanco do Cancelo – Cabovilaño – A Laracha, as 18:00 en primerira convocatoria e as 18:30 en segunda convocatoria. Sería importante que asitises para poder comprender o funcionamento da Sociedade, así como para aportar ideas e proxectos para o vindeiro ano. Asímesmo, envíovos o resumen de ingresos e gastos de este ano 2008, co fin de que comprendades que a colaboración de todos e imprescindible para que podamos seguir loitando por que se nos escoite e se nos vexa para poder conseguir os nosos fins. Unha Sociedade que no é coñecida, non existe, e polo tanto si non existe, non ten dereito a nada, FARIO xa é coñecida gracias ao traballo realizado este ano, e gracias a vos, os socios.
Comunicarche tamén que o día 31 de decembro as 17:00 horas celebraremos un viño de confraternidade no Café O’Estanco, para despedir este ano de éxitos.

Unha aperta




Suso Vilar
Presidente

miércoles, 26 de noviembre de 2008

ÓS RÍOS PRESENTE E FUTURO

O pasado sábado celebrouse en Lugo, unha xornada sobre os nosos ríos, presente e futuro. Nela participou xente como o Dr. Fernando Cobo da U.S.C. e o vicepresidente da sociedade Mestas del Narcea, dándolle ao numeroso público congregado alí, unhas nocións de como está e como debe estar a situación das nosas concas fluviais. Ao final a Federación repartiu galardóns a todolos campións da nosa xeografía galega, alí estaba xente como Sandra de la Fuente, David Arcay, Becerra, Calvete e outros moitos campións, ainda que menos veteráns, como o noso MARTÍN RODRÍGUEZ CAMBÓN. Felicidades a todos por un acto tan ben organizado e tan interesante.









martes, 18 de noviembre de 2008

“Lampreas e Pesqueiras” por Miguel Piñeiro



NOTA DE PRENSA
EDITORIAL GALAXIA. DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN
Paula García Márquez- 986 432100/ 618 737730



EDITORIAL GALAXIA COMPRÁCESE EN ANUNCIAR A PRESENTACIÓN DO LIBRO

LAMPREAS E PESQUEIRAS
de Miguel Piñeiro

Sábado 22 de novembro, ás 13.00 horas.
Salón Camilo José Cela. Restaurante Chef Rivera, Padrón



O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, César Portela, Juan José Moralejo, Joaquín España, Chef Rivera e o autor, Miguel Piñeiro.




Xa está á venda o novo libro de Miguel Piñeiro. Lampreas e Pesqueiras, é o quinto traballo do escritor e periodista de Catoira.

Con prólogos dos recoñecidos restauradores Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak e con epílogo de Juan José Moralejo, a obra consta de catro partes: unha analítica histórica sobre o paso destas construcións a través dos séculos, un estudio bio-morfolóxico da lamprea, e as técnicas de pesca que se usan na actualidade para a súa captura nos ríos Miño, Ulla e Tea.

A cuarta parte se dedica a un denso receitario no que participaron Pedro Subijana, os restauradores máis representativos da gastronomía galega e o prestixioso gastrónomo Caius Apicius.

O libro se presenta o vindeiro sábado 22 de novembro no Restaurante Chef Rivera de Padrón e contará coa participación do arquitecto César Portela, o Doutor Juan José Moralejo, o perodista e escritor Joaquín España, o restaurador Chef Rivera, o director xeral de Editorial Galaxia Víctor F. Freixanes e o propio autor, Miguel Piñeiro.

domingo, 16 de noviembre de 2008

UN ANO DA DESFEITA DO XALLAS


El Club Salmo, en el primer aniversario de la catástrofe del río Xallas, cauce destrozado por un vertido incontrolado de lodos desde el Embalse de A Fervenza que gestiona la empresa Ferroatlántica manifiesta:
Que somos la única acusación particular en el contencioso, empleando la totalidad de nuestros fondos como sociedad para la defensa del Xallas a través de nuestro gabinete de abogados, empeño en el que no cejaremos hasta que se depuren responsabilidades por la impensable agresión ocurrida hace un año.
Que, tras informes de especialistas en ictiología promovidos a nivel propio por el club, tenemos serias dudas sobre la recuperación del tramo afectado, ya que, a pesar de las noticias difundidas en los últimos meses, los datos que obran en nuestro poder no son optimistas ni mucho menos.
Que seguimos en la tarea de concienciar a la opinión pública del daño al que se someten los ríos gallegos, en este caso y particularmente, luchando por que nuestro coto consorciado de Ponte Olveira pueda ser recuperado y, por ello, convocamos a nuestros socios y a los pescadores, y conservacionistas en general, a una acción de protesta y reivindicación que tendrá lugar el próximo sábado día 15, a las doce del mediodía, en la presa de A Fervenza.
Salmo no olvida.
Salmo con el Xallas.
A Coruña, 10 de noviembre de 2008

2º CONCURSO SOCIAL - MAR COSTA












A proba desenrolouse pola máñán, dende as 7:30 ata as 13:30 horas, acadando un total de 16,100 Kg. de peixe. Os premios foron repartidos do seguinte xeito:

Peza Maior: (Na foto) Pablo Regueira Conde, con un pinto de 1,250 Kg. e 41 cm.de lonxitude
3º Posto: Manuel Vilar con un total de 3020 puntos
2º posto: José Ramón Vergaro con un total de 3200 puntos
e 1º posto: Paco Castro con un total de 3810 puntos.

Ao remate do concurso, fíxose unha degustación de productos da terra no local que ten asociedade no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño.

Dende a directiva de FARIO, dalas gracias polo bo ambiente reinante durante toda a proba.



PABLO CUADRADO CUARTO POSTO NO AUTONOMICO MAR - COSTA


Se disputo el Campeonato AUTONÓMICO de MARCOSTA 2008 en aguas del Barbanza.
Durante la mañana la organización visto el estado del mar decidió visitar las dos playas alternativas que los Clubes locales (W.LATORRE y BARBANZA) le habían propuesto a la Federación, descartando al instante la playa de A Ladeira (Dunas de Corrubedo) que seria la mas protegido al mar de fondo del noroeste, motivado por la manta de algas que el viento del sur amontonaba en su orilla, se comienza a marcar la playa de Queiruga, que aparentemente reunía buenas condiciones. Aproximadamente en el puesto 18, se aprecian en una franja de unos 10m de la orilla otro monto de algas que inutilizarían los puestos restantes.
Dada estas circunstancias la organización siguiendo el asesoramiento del Club W.Latorre decide retomar el marcaje de puestos en As Furnas, escenario este que a pesar de reunir unas duras condiciones para la pesca, se considera apto para esta y lo suficientemente seguro para la integridad de los participantes.
Así se dio inicio a la prueba, la cual tuvo diferentes fases con corriente pa un lado, pa el otro, alguna alga que apareció de un puesto pa otro pero que en general se podía pescar, y eso fue lo que demostraron algunos pescadores con autentico espíritu de competición que son capaces de sacar peces sean las condiciones que sean, de temporal o de calma chicha.
Sin más felicitar a Juan Carlos Y Juanma, por el ascenso al selectivo y su constancia en la competición.


lunes, 3 de noviembre de 2008

I CURSO DE MICOLOXÍA - FARIO









Os pasados días 25 e 26 de outubro, celebrouse na Laracha o 1º curso de micoloxía, organizado pola nosa sociedade de pesca. O sábado fíxose unha exposición de distintos tipos de setas e unha charla impartida polos nosos micólogos, Tomás Rodríguez e Pablo Cuadrado, que foi moi interesante e na que os que non tiñamos nin idea, saímos de alí con unhas nocións básicas. Destacar a boa participación da xente, tanto na charla como na degustación posterior e na saída que se fixo o domingo a recoller setas.




Gracias aos monitores e aos que se achegaron ata o local, pola vosa participación neste evento que sin lugar a dúbida repetiremos o vindeiro ano.





miércoles, 22 de octubre de 2008

Outro máis.... e outro menos



VERQUIDO NO LENGÜELLE








MÁIS FOTOS EN http://www.miguelpesca.com/ (especiales)

E xa van quedando menos, si tiñamos 1000 ríos, agora debemos de andar cerca do empate entre ríos e desfeitas (que noutrora eran ríos) tan só neste ano, Xallas, Ulla, Sar, Eume, Catasol, Furelos, Gallo, Grande, Mandeo, Anllóns, Mero, Landro, Leiro, Tambre, Umia, Lenguelle... ¡meu Deus, non podo lembralos todos!. E difícil, pero que moi difícil tratar de expresar con palabras o que realmente se agolpa nos meus miolos. Mira que levamos tempo os pescadores dicindo que esto vai de mal en peor, que a este paso non queda unha soa troita, que os ríos están sucios e cheos de lixo, incluso a algúns dóusenos por botar unha man e tratar de aliviar o peso da sociedade dos nosos cauces fluviais, e nada, nin p…. caso, e ainda por riba temos que escoitar cousas como “Esta xente non son pescadores nin nada, somentes queren crear alarma social con interes políticos…” “Estos “frikis” da pesca non fan máis que protestar”, “os pescadores teñen a culpa de que os nosos ríos estexan sen troitas”… Así nos loce o pelo. Mentras algúns se adican a tirar merda por riba dos que estamos alerta e coidamos con celo do pouco que nos deixaron os nosos pais, os nosos ríos seguen a morrer e os que de verdade poderían tratar de poñer arranxo a toda esta desfeita miran cara outro lado esperando que lles chegue a xubilación e poder pasarlle a pataca quente ao que veña detrás.
A este paso acabaremos como os pobres cazadores… (refírome aos da nosa terra, aos cazadores de toda a vida), pescando dous días a semana, nunha charca onde días antes de levantala veda nos botarán unha palada de peixes de extrana procedencia xenética, para que os pescadores sintamos que o noso deporte ainda está vivo.
Tan só nos queda seguir patexando, e seguir metendo o dedo na ferida aberta da nosa castigada natureza, que vemos como día a día vai a menos, e vai morrendo soa, con tan só unha pequena morea de parentes arredor do seu leito “os frikis pescadores”, mentres o resto esperan que morra para botar unha palada de terra enriba e si é posible construir unha urbanización. ¿qué herdanza lles deixamos aos nosos fillos?¿este e o pais que queremos que os nosos fillos e netos disfruten? Si é así, eu báixome na seguinte parada ¿e vostede?.

Suso Vilar – Presidente de S.P.C.R. FARIO – Laracha

“Pescador Friki”





lunes, 13 de octubre de 2008

PROVINCIAL MAR - COSTA 2008

Pablo Cuadrado






Suso Negreira









O Maestro Tino



Miguel Pérez











Paco Castro












O Presi
















¿En que pensará?



Un membro de Fario no autonómico.










Pablo Cuadrado Prado, conseguíu clasificarse para o campionato autonómico de pesca Mar - Costa, o pasado sábado día 11 de outubro, tras unha dura xornada de pesca, nunha praia sen peixes e nun mar sen ondas.... en fin..... a cousa no pintaba nada fácil. Pero unha vez máis a escuadra Invencible, deixouse ver, un 8º posto para Pablo e un 12º posto para Paco Castro.









Noraboa e sorte no Autonómico que se celebrará (si non hai cambios de última hora) na praia das Furnas en Porto do Son.


CLASIFICACION:













miércoles, 8 de octubre de 2008

CONVOCADOS PARA O PROVINCIAL MAR - COSTA 2008

Esta e a lista dos participantes no Campionato Provincial Mar - Costa que se celebrará o próximo sábado día 11 na praia de Doniños - Ferrol.

Constantino Pazos
Francisco Castro
Suso Negreira
Pablo Cuadrado
Miguel Angel Pérez

Sorte a todos e que se faga notar a "Escuadra Invencible"

MARTÍN E RECIBIDO POLO NOSO ALCALDE


Este e o recorte sacado do periódico "La Voz de Galicia"


Los que vienen y los que se
van
Harry Dorial redac.carballo@lavoz.es 7/10/2008
Vamos a empezar hoy con una felicitación. La que le damos a Martín Rodríguez Cambón , un
joven de 16 años, vecino de Cabovilaño, que hace unos días se proclamó campeón de España de pesca deportiva por equipos con la selección gallega en la categoría Xuventude, y en la modalidad salmónidos-mosca. [Respiro]. Casi nada. Ya me costó bastante, en su momento, aprenderme todas las categorías que existen en la órbita de la caza, que dan para llenar una agenda de la A a la Z, y voy a tener que hacer lo mismo con la pesca. Con la fluvial, se entiende, porque me
consta que la nuestra es tierra de grandes pescadores (y de cazadores también). De premio, pero son categorías que habitualmente pasan desapercibidas. Para que ello no ocurra, el alcalde larachés, José Manuel López Varela , le entregó ayer una placa.

martes, 7 de octubre de 2008

SALMO, UN EXEMPLO DE ORGANIZACIÓN










2º CAPIONATO MAR-COSTA FESTAS DO ROSARIO (A CORUÑA)

Todo un exemplo, si señor, organización perfecta pese a multitude de pescadores que acudiu a pescar. As sociedades debemos de ir “copiando” de cousas tan ben organizadas e con tanto traballo por detrás (o que non se ve). E de fondo en todalas nosas mentes estivo e está a loita que mantén SALMO, polo seu Xallas. Animo e adiante.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

FARIO EN SIDENATUR CO GRUPO MIGUEL PESCA







O Grupo MiguelPesca participou cun Stand de máis de 200 metros cuadrados na Feira Sidenatur no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo.A segunda edición da Feira de Caza, Pesca e Natureza cumpríu co obxectivo de pór sobre a mesa a necesidade de unificar criterios a fin de intentar solucionar os múltiples problemas que sofre o sector, un deles, a pouca implicación empresarial das firmas.¿Onde están as tendas de pesca, as armerías e os negocios que viven da cana e da escopeta?, se preguntaban moitos visitantes.É lamentable comprobar que só uns poucos románticos se involucran a pesar de saber de antemán que éste sector está sen formatear e tremendamente desnortado.Ante unha situación pouco propicia, a organización acadou un escaparate moi representativo e non fai falla ser un lumbreras para decatarse da situación real do tema.Unha Federación Galega de Caza comprometida, unha Federación Galega de Pesca que insiste no ridículo máis espantoso, un Corte Inglés señorial, Falcóns Galicia espectacular, dous stands oficiais que sobraban (Xacobeo e Medio Rural), unha exhibición de tiro moi concurrida, coches 4x4 por todos lados, un campo de golf e logo moitos stands, máis por compromiso que por vocación de servizo ao cazador e ao pescador.Ainda así, poidemos comprobar que os que se achegaron a Sidenatur non sairon defraudados e tiveron motivos suficientes para non dar por perdido o día e a visita.Hai que mellorar moitas cousas: promoción da feira, mais firmas, máis stands especializados en caza e pesca, unha mellor atención ao expositor…
O Grupo MiguelPesca, na súa liña habitual de crítica constructiva, alenta á organización a que aprenda dos erros a fin de acadar a feira que os cazadores e pescadores demandan e merecen. Polo ben de ambas actividades e dun sector que bota de menos a implicación dalgunhas empresas ás que lle debería caer a cara de vergoña polo moito que lle deben á caza e a pesca e o pouco ou nada que revirten nelas.Dicimos esto porque houbo ausencias notabilísimas e porque, desafortunadamente para eles, son moitos os que se dan conta da soberbia dalgunha desas firmas que non terán problemas económicos pero demostran unha falla preocupante de tacto e compromiso. Non fai falla dar nomes, pero todos sabemos de quenes falamos…Outra boa foi tamén ver aos figurantes de sempre, os abrazafarolas de turno detrás do Conselleiro para sairen na foto pero que non voltaron a pisar a feira nos tres días que durou. Outro aplauso -en formato de labazadas- para os que utilizan a caza e a pesca coma un simple escaparate de proxección persoal ou coma a válvula de escape para minimizar os seus evidentes complexos e taras.Polo demáis, o Grupo MiguelPesca quere da-las grazas pola súa asistencia a un inxente número de pescadores que viñeron desde Asturias, O Rosal, A Gudiña, Fisterra, Padrón, Rianxo e Bande, por citar algúns puntos moi lonxanos de Lugo.Grazas por virdes a estar connosco no noso Stand (que é voso) en Sidenatur.Grazas aos Mestres Artesáns –e mellores persoas- Julio Seijas, Oscar Gayoso, Noelia Gayoso, Diego Abuín, Eduardo Fontela, Alberto Mera, Miguel Seoane, Fernando Comba, Eloi Saavedra, Luís Piñeiro, Xaquín L. Muíños, Suso Vilar, Alberto González, Antonio González, Fernando Domínguez, David Arcay, Andrés Álvarez, Martín Rodríguez e os juniors Gayoso e Comba.Grazas ao Doctor Moralejo,ao Doctor Fernando Cobo,á Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, ao Restaurante-Parrillada Antonio de Lugo,a Antonio Lorenzo Lusquiños,a Paula Vilariño,a El Progreso de Lugo,a El Correo Gallego,a La Voz de Galicia,a Luís Agueria de Thinkfish, a Cucharillas Edu,a Asturpesca, la Feria del Salmón de Cornellana,a Ediciones Tutor,a Editorial Galaxia,a Camilo Vilas,a Jaime Taboada (en especial a Nieves, a súa viuva),a Angel Cancelo (en especial a Maite, a súa viuva),a Paco Redondo,a Paco Porto,á Fundación Rapala,aos Campións xuvenís de pesca a mosca: David Arcay, Antonio González, Andrés Álvarez e Martín Rodríguez,a Majange Pardo,e ás asociacións e clubes que nos visitaron como Ulloa, Londra, Río Furelos, Laracha, Xuvia, Latorre, Salmo, Tambre, Caaveiro e Trutta, entre outros.Tamén a Robalizas, Surf Casting Masters, Masmar, Troiteiros do Furelos, La Magia de la Pesca con Mosca, Pescarmona, Paco Pescador, PescaTuria, Intres de Pesca e moitos outros portais de internet pola divulgación das nosas actividades.E grazas a todos aqueles que nos acompañaron no Stand e nos confirmaron que non estamos equivocados e imos no bo camiño.

Archivo del blog